Inicio
Escolas
A Ruxideira
Galería
Deporte
Asociación



tocaebailaengalego.com

A asociación Cultural Abrente de As Nogais conta dende a súa creación cunha Escola de Cultura Tradicional Galega baixo a que se imparten varias aulas.

A asociación ten como obxectivo proporcionar a oportunidade de achegarse a disciplinas como son a música e o baile tradicional a toda aquela persoa que o desexe, independentemente da súa idade. Así mesmo, en Abrente cremos que todo pai e nai ten dereito ao  aceso a este tipo de cultura galega para o seu fillo. É por iso que dende Abrente, dentro das nosas posibilidades,  tratamos de ofertar aulas específicas para os pequenos, e para adultos.

As aulas están a cargo de Pablo Varela e Laura Fouz (tocaebailaengalego.com), ensinantes que se adican profesionalmente ao ensino de Música e Baile Tradicional, con sobrada experiencia neste eido.

As aulas contan para este curso 2014/15 con máis de 70 alumnos.

As aulas impártense os Sábados pola maña no Centro Sociocultural de As Nogais. Os horarios pódense consultar na seguinte ligazón:

 
Colaboradores:
    Concello de As Nogais: