Inicio
Escolas
A Ruxideira
Galería
Deporte
Asociación



tocaebailaengalego.com

Quen somos

Abrente de As Nogais é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que naceu en Decembro do 2008, pero a semente ven xa de anos atrás. É a culminación dunha iniciativa particular dun grupo de habitantes do concello de As Nogais, para poder ofertar actividades relacionadas coa música e baile tradicional aos veciños da zona.

Que facemos

A Asociación Cultural Abrente das Nogais nace pois coa filosofía de afianzar estas actividades culturais, para que nunha zona tan rica etnográficamente como é As Nogais, na montaña lucense, non volva suceder que os seus habitantes deban desprazarse a outros concellos para simplemente aprender a bailar.

A Ruxideira, como grupo de baile, permanecerá no seno de Abrente, e será o grupo visible que fará actuacións e representará As Nogais, onde todos os alumnos das aulas poden integrarse.

Ao marxe as escolas permanentes de cultura galega, Abrente programa actividades deportivas, así como aulas e cursos de verán.

Ademáis, o noso proxecto incluie nun futuro, o arquivado de documentación referida a cultura no concello de As Nogais, así como un mapa cultural referido ao patrimonio inmaterial.  

De onde somos

Podes atopar A Asociación Cultural Abrente das Nogais no concello de As Nogais, na montaña lucense.

Contacto

email: abrente@tocaebailaengalego.com

tlf: 644183463

 
Colaboradores:
    Concello de As Nogais: