Inicio
Escolas
A Ruxideira
Galería
Deporte
Asociación



tocaebailaengalego.com

Que é A Ruxideira:

No ano 2002, o grupo A Ruxideira  renaceu grazas o empeño e esforzo dun grupo de nais que lograron, con recursos económicos propios, sustentar unha escola de baile galego tradicional. Xa no curso 2007/08, e novamente con recursos propios, lograron ofertar unha aula de música tradicional.

Actualmente A Ruxideira está plenamente integrada na asociación Cultural Abrente como "Grupo de Música e Baile Tradicional" que a representa. É por tanto a cabeza visible da asociación á hora de subirse a un escenario, e nel poden integrarse tódolos alumnos das escolas.

O grupo conta con tres seccións: música (gaita e percusión), baile infantil e baile adultos, que poden actuar xuntos ou por separado.

Actuacións (dende inicio da asociación):

Ano 2011:

MAIO

29: VI Festa da Empanada - Días das Flores - As Nogais (Organiza: Asociación de Empresarios)

XUÑO

11: Festas de Nullán - As Nogais

26: Festival Infantil Monterroso (Organiza: A.C Falcatrueiros de Monterroso)

XULLO

25: Santiago en Doncos - As Nogais

31: Festas en Mosteiro - Cervantes

AGOSTO

7: Festa do Emigrante - As Nogais

20: Festas en Castelo - Doncos - As Nogais

SETEMBRO

11: Feira de Artesania - Doncos - As Nogais

Ano 2010:

MAIO

30: V Festa da Empanada - Días das Flores - As Nogais (Organiza: Asociación de Empresarios)

XULLO

10: O Cebreiro

AGOSTO

1: Festival Folclórico no Rio - O Corgo (Organiza: A.C A Legua Dereita)

14: Castelo - Doncos - As Nogais

SETEMBRO

7: O Cebreiro

Ano 2009:

MAIO

31: Días das Flores - As Nogais (Organiza: A.C. Abrente)

XULLO

04: Festas San Pedro - Cervantes

19: Festival Folclórico no Río - O Corgo (Organiza: A.C. A LeguaDereita)

26: Santiago Pequeno en Doncos - As Nogais

AGOSTO

2: Festa da Empanada -As Nogais-

10: Feira do Mel - Quiroga-

16: Louseiro - Sarria

 
Patrocinadores:
-